miércoles, 17 de mayo de 2017

Friedrich Nietzsche

Naceu o 15 de outubro de 1844, en Röcken, Prusia. O seu pai, un ministro luterano, morreu cando el tiña 5 anos, e foi educado pola súa nai nunha casa onde vivían a súa avoa, dúas tías e unha irmá. Estudou filoloxía clásica nas universidades de Bonn e Leipzig, e foi nomeado profesor de filoloxía grega na universidade de Basilea con tan só 24 anos. Alí establece amizade con Burckhardt e Overbeck. A súa delicada saúde (estivo afectado toda a súa vida pola súa pouca vista e os seus constantes jaquecas) obrigoulle a retirarse en 1889. Ao cabo de dez anos sufriu unha crise nerviosa da que nunca se recuperou. Morreu en Weimar o 25 de agosto de 1900.
     Poderiamos falar de tres etapas fundamentais no seu pensamento: Unha primeira, estética ou romántica, influenciado polo seu amigo Richard Wagner (co que manterá unha relación amizade-odio), onde redacta "A orixe da traxedia para partir do espírito da música". As primeiras preferencias de Nietzsche no terreo da filosofía virarán en torno ao idealismo hegeliano, pero o pensador que neses momentos inflúe nel con máis forza será Arthur Schopenhauer. A súa teoría áchase baixo o influxo do innatismo e a crítica de Schopenhauer ao racionalismo hegeliano e tenta por camiños similares aos daquel (a vontade e a intuición) superar as súas conclusións pesimistas (a vontade de vivir).
     Unha segunda, tras renunciar á cátedra de Basilea, na que o seu modo de vida modesto e austero vese perseguido polos seus problemas de saúde. É sobre todo nesta época onde se desenvolve o seu interese pola cultura grega, que ao cabo tería tanta importancia na súa filosofía. Estuda a obra de Platón e Aristóteles, e sente especial predilección polas figuras de Sócrates e Heráclito.
Unha terceira etapa, de madurez, estenderíase ata o seu internamento en Basilea en 1889, baixo síntomas de tolemia. É esta, na segunda metade dos 80, o período no que escribe a maior parte das súas mellores obras: Así falou Zaratustra (1883-1885), Máis aló do ben e do mal (1886), A xenealoxía da moral (1887), O crepúsculo dos deuses (1888), O Anticristo (1888), Ecce Homo (1889) e A vontade de poder (1901).
      Aclamado poeta, Nietzsche exerceu moita influencia sobre a literatura alemá, así como sobre a literatura europea e a teoloxía. Os seus conceptos foron discutidos e ampliados por personalidades como os filósofos alemáns Karl Jaspers e Martin Heidegger, o filósofo xudeu alemán Martin Buber, o teólogo xermano-estadounidense Paul Tillich, e os escritores franceses Albert Camus e Jean-Paul Sartre. A proclama de Nietzsche "Deus morreu" foi utilizada por teólogos radicais posteriores á II Guerra Mundial (en especial polos estadounidenses Thomas J. J. Altizer e Paul van Buren) nos seus intentos por adecuar o cristianismo ás décadas de 1960 e posteriores. Influíu poderosamente no nacionalsocialismo (presentándose como a realización da moral do superhome) e en tendencias esquerdistas radicais (en canto parte dun absoluto comezar de novo). Por último, a súa consideración do predominio dos instintos vitais sobre a razón é tamén un precedente fundamental do vitalismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario