domingo, 20 de noviembre de 2016

Isaac Newton

Isaac Newton naceu en Inglaterra en 1642 e faleceu en 1727.
Foi o máis grande dos astrónomos ingleses e destacou tamén como gran físico e matemático. Foi en realidade un xenio ao que lle debemos o descubrimento da ley de gravitación universal, que é unha das pedras angulares da ciencia moderna. Foi un dos inventores do calculo diferencial e integral. EStableceu as leis da mecánica clásica, e partindo da lei da gravitación universal deduxo as leis de Kepler de forma mais xeral. Logrou construir o primeiro telescopio de reflexión. Tamén son importantes as súas contribucións ao estudo da luz. As súas obras maís importantes son 'Optica', na que explica assúas teorías sobre a luz, e a obra monumental 'Philosophiae Naturalis Principia Mathematica' Comunmente coñecida como 'Principia' , na cal expón os ffundamentos matemáticos do universo.

Nicolás Copérnico

Nicolás Copérnico naceu en Prusia en 1473 e morreu en 1543. Foi un astónomo do Renacemento, responsable de enunciar a teoría heliocéntrica de Sistema Solar.
Copérnico practicou mediciña e cultivou os seus intereses humanistas e en 1616 a iglesia católica colocou o traballo de Copérnico na súa lista de libros prohibidos.
O seu libro obre as revolucións das esferas celestes e Científica. O modelo heliocéntrico de Copérnico é recoñecido como unha das teorías mais importantes na historia da ciencia occidental.



Arquímedes

Arquímedes de Siracusa foi un matemático e inventor grego, naceu en 287 a.C.
Arquímedes foi primo do rei Hierón II do cal  foi conselleiro e responsable da defensa da cidade. O empeño do rei Hierón era a construción dunha gran flota e fixo construir o Syrakosa, a maior nave da súa época que, no momento da súa botadura quedou embarrancado. Arquímedes coa axuda de poleas compostas axudadas por palancas apuntaladas no casco conseguíu levantalo a flote ante a fascinación do rei.
Se anticipou a moitos dos descrubimentos da ciencia moderna, nas matemáticas puras. Foi capaz de demostrar que o volume de unha esfera é dous terzos do volume do cilindro que a circunscribe. Ademáis, na mecánica, definiu a lei da palanca e é recoñecido como o inventor da polea composta. En Exipto inventou o tornillo sin fin para elevar a auga  de nivel. Famoso polo descubrimento da lei da hidrostática, tamén chamado principio de Arquímedes, que establece que todo corpo sumerxido nun fluido experimenta unha perda de peso igual ao peso do volume do fluido que desaloxa. Cóntase que este descubrimento o fixo mentras bañábase, ao comprobar como a auga desplazábase e desbordábase.

OBRAS IMPORTANTES:
1. Esfera e cilindro
2. Medida do círculo
3. O método