domingo, 20 de noviembre de 2016

Arquímedes

Arquímedes de Siracusa foi un matemático e inventor grego, naceu en 287 a.C.
Arquímedes foi primo do rei Hierón II do cal  foi conselleiro e responsable da defensa da cidade. O empeño do rei Hierón era a construción dunha gran flota e fixo construir o Syrakosa, a maior nave da súa época que, no momento da súa botadura quedou embarrancado. Arquímedes coa axuda de poleas compostas axudadas por palancas apuntaladas no casco conseguíu levantalo a flote ante a fascinación do rei.
Se anticipou a moitos dos descrubimentos da ciencia moderna, nas matemáticas puras. Foi capaz de demostrar que o volume de unha esfera é dous terzos do volume do cilindro que a circunscribe. Ademáis, na mecánica, definiu a lei da palanca e é recoñecido como o inventor da polea composta. En Exipto inventou o tornillo sin fin para elevar a auga  de nivel. Famoso polo descubrimento da lei da hidrostática, tamén chamado principio de Arquímedes, que establece que todo corpo sumerxido nun fluido experimenta unha perda de peso igual ao peso do volume do fluido que desaloxa. Cóntase que este descubrimento o fixo mentras bañábase, ao comprobar como a auga desplazábase e desbordábase.

OBRAS IMPORTANTES:
1. Esfera e cilindro
2. Medida do círculo
3. O método

No hay comentarios:

Publicar un comentario